Guillelme Brown
No COLEXIO GUILLELME BROWN
fundíronse durante anos os esforzos e ilusións de nenos e nenas, profesores,
pais,antigos alumnos, colaboradores e amigos, cunha mesma finalidade: A procura da Calidade Educativa
Arredor desta idea nace o COLEXIO
GUILLELME BROWN no ano 1987 como unha Sociedade Cooperativa, un centro privado, mixto, non confesional,
independente, non vencellado a ningunha ideoloxía política ou relixiosa pero si
aberto a todas as liñas de pensamento baseadas na ética democrática e nos
principios da Declaración dos Dereitos do Home.
O COLEXIO GUILLELME BROWN está
situado nun entorno natural, a tres quilómetros de Ourense. Ocupa unha finca de
21.000 metros cadrados con zonas de bosque autóctono, espazos axardinados,
charcas, horto, parque infantil, piscinas, pavillón polideportivo cuberto,
pista polideportiva exterior e unha ampla gama de instalacións que inclúen
comedor, biblioteca, laboratorio de ciencias, taller de tecnoloxía, aulas
específicas de idiomas, ciencias sociais, ballet, psicomotricidade, informática,música,
plástica...
Entenden o colexio como unha
comunidade viva de educadores e educandos, na que predomina o aspecto FORMATIVO fronte ao instrutivo; o DIÁLOGO
fronte á imposición; a CONVIVENCIA harmoniosa fronte ao individualismo egoísta.
Son valores incuestionables: a tolerancia, a solidariedade, a democracia, a
igualdade, a liberdade de conciencia, a libre discusión sen dogmatismos, en
definitiva, a educación para a liberdade.
Luis Vives
Son unha Institución Educativa
Privada-Concertada, laica, plurilingüe e mixta que iniciou a súa andaina con
unha fórmula empresarial Cooperativa no ano 1985 na localidade de Ourense.
A súa oferta educativa abrangue
dende os 3 aos 16 anos; incluíndo a Etapa Pre-Obrigatoria (Ed. Infantil) e
Ensino Obrigatorio (Ed. Primaria e E.Secundaria Obrigatoria)
Ao longo da súa traxectoria,
lograron formar persoas comprometidas consigo mesmas e coa sociedade.
O trazo esencial que os caracteriza
é o de ofrecer unha educación personalizada como a mellor alternativa para o
desenvolvemento dun proceso de ensino-aprendizaxe óptimo.
Unha acción formativa de máxima
calidade xunto coa formación de valores como o respecto, o esforzo, a ilusión e
o compromiso, son os nosos obxectivos principais.
Colexio Concepción Arenal
O fundador do colexio foi D. Ángel
Martínez Doval. Profesor que, xunto coa súa muller, e movido polas súas
inquedanzas pedagóxicas, decidíu abrir o centro no ano 1928. No ano 1977, o
fillo de D. Ángel Martínez Doval, D. Javier Martínez Randulfe, herdou a
xerencia do centro. Tralo anuncio da xubilación de D. Javier Martínez Randulfe,
un grupo numeroso de mestres e mestras do centro, decidiron formar unha
cooperativa de ensino, para poderen continuar así cunha tradición de máis de
oitenta anos. Eles mesmos combinan os seus traballos de mestres coa xestión do
propio centro, faeitor que os enche de orgullo.
Oficialmente quedeu formada o 21
de Febreiro de 2010, día que saiu publicado no DOGA, co nome Colexio Concepción
Arenal, Sociedade Cooperativa Galega. Trátase dun centro concertado laico.
O seu proxecto educativo está
baseado en:
- Un trato personalizado adaptado ó
ritmo evolutivo e ás capacidades intelectuais de cada alumno/a.
- Dominar as principais técnicas,
estratexias e procedementos do traballo individual e de grupo.
- Fomentar o bilingüismo dende as
primeiras etapas educativas a través da inserción do inglés.
- Fomentar a actividade e a
iniciativa dos alumnos/as.
- Potenciar a adquisición de
coñecementos combinando a investigación, a práctica e o estudo.
- Relacionar e argumentar para que a
aprendizaxe sexa significativa.
- Potenciar as habilidades
artísticas.
- Desenvolver as habilidades sociais
e comunicativas.
- Atender á diversidade explotando
as habilidades individuais e innatas de cada nena/a.
- Tratar de inculcar o
cooperativismo, a solidaride e os valores colectivos dende os primeiros anos de
escolarización.
- Formar na convivencia e o respecto
aos demais.
- Fomentar a responsabilidade
persoal e colectiva.
Sagrado Corazón de Celanova
No hay comentarios:
Publicar un comentario