miércoles, 2 de enero de 2013

Alumnos de Boiro financiaranse unha viaxe creando unha cooperativa

Ao tempo que aprenden en que consiste e como funciona un sistema de produción e de comercialización en rede, recadan fondos para poder ir tres días a Porto.


Os oitenta alumnos e alumnas de terceiro de ESO do IES A Cachada de Boiro enxeñáronllelas para financiarse a viaxe de tres días que queren realizar o próximo ano a Porto (Portugal): crearon cooperativas en cada aula e organizáronse para fabricar, publicitar e vender os seus propios artigos.

Hai dúas semanas, tras obter o pertinente permiso do Concello, instalaron un posto de venda no mercado semanal de Boiro, no que venderon dende sobremesas ata broches, pasando por xogos de mesa, soportes de libros, etc. En dúas horas fixeron case cincocentos euros de caixa.

Unha das profesoras que coordina o proxecto deste grupo de alumnos de Tecnoloxía, Ana Moreiras, sinala que, en realidade, a viaxe é unha escusa para motivar os alumnos para que aprendan dunha forma práctica non só en que consiste e como funciona unha cooperativa, senón "certos valores laborais e destrezas vinculadas ábusca de emprego. O obxectivo é que sexan capaces de organizarse colectivamente para sufragar os gastos dá viaxe". Unha viaxe para a que necesitarán reunir aproximadamente 80 euros por alumno.


No hay comentarios: