A Mancomunidade Terra de Celanova, entidade conformada polos
concellos da Merca, Cartelle, Celanova, Gomesende, Quintela de Leirado,
Ramirás, Pontedeva e Verea, presentaba esta semana os presupostos para o
exercicio 2013 cun lixeiro incremento respecto ás contas deste ano
(2.554.500,18 euros, fronte aos 2.476.437 euros de 2012). ' Os orzamentos
tratan de ser os máis axustados posibles', recoñecía o presidente, José Antonio
Pérez, que subliñaba o esforzo realizado polo ente para reducir o gasto
'mantendo os servizos'.
A crise económica obrigou a Mancomunidade a realizar unha
importante redución do equipo neste 2012, deixando a 61 persoas (fronte ás 78
de hai un ano) para atender os servizos sociais, recollida de lixo, bombeiros,
recadación, centro ocupacional e orientación cidadá, entre outros. 'O gasto en
persoal estableceuse en 1.567.138,90 euros (fronte aos 1.380.253 de 2012), na partida está incluído o custo de dous obradoiros de emprego, 214.000
euros', explica.
A partida de gastos complétase cos 742.591,74 euros
previstos para sufragar os bens correntes e servizos, 140.000 euros para
investimentos, seguido dos pasivos financeiros (44.713,47 euros),
transferencias correntes (40.000) e gastos financeiros (19.956,07).
No capítulo de ingresos, as maiores achegas procederán dos
transferencias correntes doutras administracións (2.298.774,56 euros),
transferencias de capital (176.579,81) e taxas, prezos públicos e outros
ingresos (78.145,81). Por departamentos, a recollida de lixo segue sendo a
actividade máis custosa con 628.000 euros anuais; seguido da atención social
(que atende a 47 persoas da Lei de Dependencia e 84 en axuda no fogar) con
625.000 euros e o servizo de bombeiros con 245.206 euros.
Os oito concellos mancomunados, en función de parámetros
como a densidade de poboación ou kilometros, soportan o 79,8% do presuposto. O
resto corresponde ás achegas da Deputación (215.000 euros, un 8,5%) e da Xunta
(300.000 euros, que supoñen o 11,7% do total ).
No hay comentarios:
Publicar un comentario