Tras o éxito de acollida da campaña anterior, na que
"todas as vacas quixeron ser Feiraco", a Cooperativa ten decido
converter esta acción nunha tradición e os envases de leite Feiraco -enteiro,
semidesnatado e desnatado- volveranse vestir de Carnaval, cada un coa súa
característica cor, nunha edición deseñada especialmente polo Rei Zentolo que
xa está dispoñible na maior parte dos puntos de venda.
Estes peculiares "cigarróns" e "peliqueiros" abrirán o paso
dos lineais repartindo máscaras que estarán dispoñibles en seis orixinais
modelos, a xogo cos “cubrepalés” e outros elementos decorativos que marcarán o
seu territorio. Paralelamente levaranse a cabo varias accións exteriores de
promoción como a colocación de carteis e valos coas imaxes da campaña nos distintos
circuítos de mobiliario urbano das cidades galegas e outras zonas con longa
tradición nestas festas.
Esta campaña exterior reforzarase coa presenza online dos carteis, coa propia
páxina web de Feiraco, que xa está vestida de Entroido, co concurso de
disfraces no perfil de Facebook da Cooperativa e outras accións promocionais en
redes sociais e coa emisión de cuñas radiofónicas co lema “O Entroido sabe a
Feiraco" nas emisoras de máxima audiencia de Galicia.
Dende a cooperativa sinalan que, con todos estes esforzos, Feiraco quere volver
achegarse aos consumidores nestas datas tan sinaladas, porque sabe o importante
que son dentro da súa cultura e tradición. A Cooperativa considera esta acción
coma “unha forma de recompensar a fidelidade e a boa acollida que os galegos
lle deron á campaña anterior, alegrándolles un pouco as festas”.
http://www.feiraco.es/
No hay comentarios:
Publicar un comentario