O Auditorio Municipal Ilduara de Celanova acollerá
o próximo mes de febreiro a exposición 'Descobre ás cooperativas', un
percorrido dinámico e interactivo polas potencialidades e solucións que ofrece
o cooperativismo como modelo empresarial capaz de manter e crear emprego nun
contexto de crise económica.
A mostra, que se poderá visitar entre o 26 de febreiro e o 1 de abril, permite coñecer que son as cooperativas e os diferentes tipos, como
funcionan, cales son os seus valores ou que pasos hai que dar para a súa constitución
e os apoios. Para ampliar a información sobre o modelo de empresas de economía
social, a Mancomunidade Terra de Celanova puxo en marcha unha Oficina de
Fomento Cooperativo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario