Amplía a edificabilidade a 25 vivendas por hectárea. Terá gardaría e baiuca
En sesión extraordinaria, o Pleno deu luz verde a
unha modificación puntual do Plan Xeral que permitirá aumentar a
edificabilidade do núcleo do Cubeiro de 20 a 25 vivendas por hectárea.
Impulsada por Outeiro Pombo, a urbanización a desenvolver na zona do Romaño
sumará así 84 vivendas: 32 de protección autonómica (16 cederanse ao Concello)
e 45 libres. O informe terá que contar, non obstante, co visto e prace da
Consellería de Medio Ambiente.
Segundo explica a concelleira de Urbanismo,
María Pardo, existe xa unha cooperativa constituída que estuda asumir a
promoción. O proxecto prevé crear 220 empregos directos nun prazo de 24 a 30
meses.
No hay comentarios:
Publicar un comentario