A asemblea xeral da cooperativa Euroada, Agrupación de
Minoristas de Alimentación, aprobou a súa integración en Covirán S.C.A.,
que con este acordo ratifica a súa posición como primeira cooperativa de
minoristas do sector da distribución de alimentación na Península Ibérica.
Con sede en Ponferrada, Euroada aglutina actualmente 124 socios
minoristas independentes do sector da alimentación. A compañía, que pechou o
pasado exercicio cun volume de negocio próximo aos 10 millóns de euros, conta
cunha ampla traxectoria de máis de 30 anos dentro do sector.
O proceso permitirá a Euroada a incorporación a un sólido grupo como
é Covirán, posicionado na práctica totalidade da península. Os 25
traballadores que actualmente compoñen o seu equipo pasarán a formar parte de Covirán.
Mediante esta integración, os socios da cooperativa ponferradina pretenden
seguir operando con garantías nun mercado tan competitivo como é a distribución
de alimentación, onde os minoristas necesitan contar co respaldo de sólidas
insignias comoCovirán.
Con esta nova incorporación, Covirán supera os 2.500 socios e segue
consolidándose a súa masa social e cota de mercado en Castela e León e Galicia,
debido á importante presenza de supermercados da insignia en León, Valladolid e Zamora,
así como nas provincias galegas de Lugo e Ourense.
Este paso, supón ademais para Covirán o fortalecemento da súa rede
loxística, xa que sumará á súa estrutura a plataforma de distribución que Euroada posúe
en Ponferrada. Con ela, son vinte e cinco os almacéns que esta compañía
posúe en territorio nacional, aos que hai que sumar outros dous en Portugal,
informa a cooperativa nunha nota.
No hay comentarios:
Publicar un comentario