A cooperativa escolar 'Manitas Monster' do CEIP nº1 de Tui
recibiu onte o certificado como cooperativa escolar, formando parte, no curso
académico 2012-2013, do proxecto educativo 'Emprender na Miña Escola EME ?
Coopernova'. A devandita iniciativa parte da Deputación, e conta coa
colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da
Xunta de Galicia e o Concello de Tui.
Alumnos do centro escolar tudense, co certificado expendido.
O deputado provincial Pablo Baquero, acompañado pola
concelleira de Educación do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez, entregaron no
CEIP n.º 1 o correspondente certificado á cooperativa 'Manitas Monster', que
agrupa 24 alumnos de sexto curso de educación Primaria.
HÁBITOS
O obxectivo deste proxecto é desenvolver hábitos e
comportamentos emprendedores entre o alumnado, facilitando a súa integración
social de xeito máis eficaz e satisfactorio ao tempo que se favorece o
desenvolvemento de competencia básicas.
Esta cooperativa traballa no desenvolvemento do seu proxecto
educativo ao longo do curso, despois de participar no mercado de Nadal
organizado polo Concello de Tui o 23 de decembro cun posto onde vendían os seus
produtos de decoración do Nadal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario