Un grupo de corenta parados
visitará mañá A Estrada para coñecer as iniciativas en torno á
mazá e a sidra que se están a desenvolver na bisbarra. A actividade, coordinada
polo Grupo deDesenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, trata de achegar
información práctica a persoas en situación de desemprego sobre oemprendimiento vinculado
á produción hortícola e ecolóxica.
De tal forma, a comitiva visitará
plantacións de maceiras na zona de Vea guiadas por membros da cooperativa Ullama,
para posteriormente coñecer o lagar de Ribela, un proxecto exemplar en
fase de execución dedicado á elaboración e comercialización de sidra natural
ecolóxica obtida de variedades de mazá autóctonas.
O municipio estradense é,
historicamente, zona de produción de sidra e nos últimos anos varias empresas
decidiron apostar polo sector, dando lugar tanto á asociación Maceira e
Sidra da Estrada como a unha feira propia da bebida, que na súa primeira
edición conseguiu un éxito rotundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario