miércoles, 27 de febrero de 2013

Cooperativas agroalimentarias impulsa a creación dunha asociación de organizacións de produtores de leite


Coa participación de Aprolact, de Galicia, prevé estar operativa " e en pleno funcionamento" o próximo mes de abril.

Tres organizacións de produtores de leite (OPL) de base cooperativa, reunidas en Madrid, acordaron establecer as bases para a constitución dunha asociación de OPL de ámbito estatal, en torno a "unha misión compartida", garantir a sostibilidade das explotacións gandeiras integradas nas devanditas organizacións.

A nova asociación estará formada por Lacteoscoop, que agrupa a cooperativas de Castela e León e Cataluña; Aprolact, integrada por cooperativas de Galicia, e OPL de Cooperativas do Sur, que a forman cooperativas de Andalucía, Extremadura e Castela-A Mancha.

Entre as tres organizacións agrupan máis dun millón de toneladas de leite, que representan máis do 15% do total da cota láctea de España.

As cooperativas lácteas consideran "imprescindible, para alcanzar os seus obxectivos, establecer unha plataforma negociadora conxunta fronte ao sector industrial, así como unha unidade operativa que lles permita unha planificación óptima da produción conforme á demanda, especialmente no referente á calidade e á cantidade,".

Todo iso, segundo destacan nunha nota conxunta, "repercutirá, ademais, nunha mellor xestión dos custos de produción e poder implantar estratexias comúns de recollidas".


"ABERTA A OUTRAS OP"

As tres OPs consideran que a eficacia na unidade de negociación e de operatividade "está moi relacionada co volume de produción que controlen", de aí "a importancia desta asociación, que está aberta á adhesión doutras OP que estean constituídas ou se poida crear no futuro,".

Unha asociación que, segundo a súa natureza xurídica, se formula como unha cooperativa de segundo grao e prevé estar operativa " e en pleno funcionamento" o próximo mes de abril.


Unha asociación que, segundo a súa natureza xurídica, se formula como unha cooperativa de segundo grao e prevé estar operativa " e en pleno funcionamento" o próximo mes de abril.



No hay comentarios: