A cooperativa ourensana Coren -a través das súas tendas
Coren Grill- e Atlántico únense para ofrecer aos consumidores descontos ou
regalos na compra de produtos da firma de alimentación durante os meses
febreiro e marzo. Para iso, só hai que comprar o xornal Atlántico de luns a
venres, recortar o cupón correspondente e acudir ao Coren Grill máis próximo
para aproveitar a oferta, diferente cada día.
Os produtos da promoción de febreiro son algúns dos máis
emblemáticos e recoñecidos da firma: o polo familiar (cun 20% de desconto), a
costela asada e o polo de curral (con regalos). Pola súa compra pódense obter
de forma gratuíta un chourizo, media ducia de ovos de curral, unha barra de pan
artesán ou unha porción de croquetas (segundo o día).
En marzo cambiarán os produtos da promoción, polo que o
lector de Atlántico deberá estar atento á información que ofrecerá o xornal.
Para completar todo o referido a esta campaña poden consultar as webs
www.atlantico.net e www.corengrill.es.
a cadea
A división Coren Grill é unha cadea de tendas galegas con
produtos 100% galegos e cuxa filosofía é adaptarse ás necesidades dos clientes.
Entre a súa ampla gama de produtos, os asados seguen sendo os produtos estrela,
con especial atención ao polo de curral, alimentado a base de millo, e asado de
forma tradicional, a lume lento, para conseguir o mellor sabor de sempre. A
oferta complétase con xamón de Coren, ademais de pan recén enfornado, multitude
de produtos cociñados e empanadas, menús especiais, bocadillos variados,
táboas, ensaladas e outros.
Con estas iniciativas, Coren reafirma o seu compromiso con Galicia,
ofrecendo un servizo acorde aos novos tempos, prezos axustados, descontos,
amplo horario de apertura e unha situación moi atractiva. Os novos
establecementos abertos reflicten unha aposta polo investimento e o emprego,
dentro do obxectivo de contribuír ao desenvolvemento de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario