O vindeiro mes de marzo UGACOTA pon en marcha a súa
programación formativa correspondente á convocatoria estatal de formación
continua para entidades de economía social, xestionada pola Confederación
española de cooperativas de traballo asociado-COCETA. A formación non ten
ningún custe xa que está subvencionada.
O Plan de Formación da Unión de Cooperativas de Traballo
Asociado-UGACOTA ten como obxectivo xeral mellorar tanto a cualificación das
persoas socias e traballadoras coma a competitividade das cooperativas e
empresas galegas de economía social.
Os cursos van dirixidos a: persoas socias e traballadoras de
cooperativas e demais empresas e entidades da economía social, e persoas en
desemprego, de Galicia.
As accións realizaranse na modalidade de teleformación e son
as seguintes:
- Contaplus . 110 horas - Data de inicio pendente
- Programa Avanzado En Liderazgo e Habilidades Directivas.
150 horas - Inicio : 13/03/2013
- Inglés Profesional Para Actividades Comerciais. 90 horas -
Inicio : 15/03/2013
- Marketing 2,0. 90 horas - Inicio: 15/03/2013
- Deseño de Páxina Web. 60 horas. Inicio : 18/03/2013
- Programa Avanzado Social Media Management . 120 horas -
Inicio: 14/03/2013
- Cloud Computing. 30 horas - Inicio. 18/03/2013
- Photoshop . 80 horas - Inicio: 15/03/2013
- Manipulador de Alimentos. 10 horas - Inicio: 18/03/2013
Para ver o programa e preinscribirte nos cursos do teu
interese,accede co seguinte enlace:
http://catalogoscursos.formaten.com/catalogos/index/UGACOTA2012
Ou a través da web de Ugacota: www.ugacota.coop
No hay comentarios:
Publicar un comentario