O delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores
Tourís, visita esta mañá as terras de Rodeiro para percorrer as
instalacións da se de Cogal. A presenza do alto cargo autonómico forma
parte do ciclo de visitas que realiza nos últimos meses pola bisbarra. A máis
recente tivo lugar o pasado 31 de xaneiro, para coñecer in situ o sistema de
videovixilancia do polígono Área 33 de Silleda.
Cogal conta con granxas e matadoiro de coellos, e é a empresa que xera
máis emprego do municipio rodeirense. Cogal ademais, promoveu un
plan sectorial para poder ampliar o chan industrial da zona e así incrementar
as súas instalacións. Comezou a funcionar en 1985 e hoxe vende carne de coello
e de parrulo por toda a UE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario