martes, 12 de febrero de 2013

Horsal convoca unha charla informativa en Castrelo


A cooperativa Horsal celebra o xoves unha charla informativa no centro cultural de Castrelo. É ás 20,30 horas, e o seu obxectivo é explicar aos agricultores e veciños da zona o novo proxecto deHorsal, que se compromete a adquirir a mercadoría de novos colaboradores sen necesidade de que se fagan socios. A cooperativa comprométese a comprar os produtos, e a cambio os colaboradores deben comprometerse a reservar para a sociedade unha parcela ou parte dunha parcela. Horsal xa celebrou unha charla en Corón (Vilanova) e anotáronse ao proxecto unha decena de persoas, que nalgúns casos están no paro e non traballaron nunca en agricultura.


No hay comentarios: