martes, 12 de febrero de 2013

Cores Tourís coñece a aposta polas novas tecnoloxías e o investimento da cooperativa Cogal de Rodeiro


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou na xornada de onte a cooperativa Cogal de Rodeiro, dedicada a produción de coellos, acompañado polo alcalde da localidade, Luis López Diéguez.

Na visita estivo acompañado polo xefe territorial de Medio Rural e do Mar, Gerardo Zugasti, e o xefe do Servizo de Control da Calidade Agroalimentaria e Industria, José Manuel Fernández Castro.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá a cooperativa Cogal de Rodeiro

SCG-Cogal conta na actualidade cuns 150 traballadores, a maioría deles veciños da comarca. A súa produción supera as 150 toneladas á semana, o que supón uns 110.000 animais.


Ademais, esta cooperativa fixo, nos últimos tres anos, segundo puido coñecer o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, unha aposta firme pola industrialización e os plans de mellora.

Deste xeito, nos últimos anos realizou investimentos de case 2,8 millóns de euros dos cales 1,2 foron aportados pola Xunta de Galicia a través de axudas referentes a comercialización, a asistencia a feiras, plans de melloras e industrialización.

“Esta empresa reúne os máis altos estándares de calidade”, explicou un dos seus responsables directivos, destacando o seu investimento no eido da tecnoloxía. “De feito, contamos cun sistema de trazabilidade electrónica, o RFID, que permite que todo o sistema e toda a produción estea informatizada”.

Deste xeito, cada un dos produtos contén, a través do seu código de barras, toda a información sobre a súa produción e tratamento. “O cliente pode incluso coñecer cal foi a nai do coello que vai consumir”, engadiron os responsables de Cogal. Ademais, a empresa dezana aposta por ofrecer un servizo completo para os seus clientes, cun envasado e etiquetado ao gusto da firma para que demande o produto, adaptando, por exemplo, logotipos ou envases.

Cores Tourís, pola súa banda, destacou este sistema novidoso. “É moi interesante ver cómo se aposta polas novas tecnoloxías dende cooperativas e empresas de firma galega, porque supón un valor engadido a unha produción que xa, de por si, conta cunha elevada calidade. Non é coincidencia que esteamos a falar da unidade de produción de cunicultura máis importante da Península Ibérica”.

Cogal conta cunhas importantes instalacións entre as que se atopa un matadoiro, unha sala de despiece e envasado, centro de seleccion genetica e inseminación, granxas experimentais.

Esta cooperativa de Rodeiro exportou o ano pasado máis do 40% da súa producción, en concreto, a países coma Portugal, Italia, Bélxica, Alemaña ou Francia. "En produto fresco e conxelado chegamos a 12 países", remataron os responsables da firma dezana, quen destacou o importante nivel de consumo de coello de España, Francia e Portugal, "que son os que máis demandan, seguidos dos alemáns e os belgas".




No hay comentarios: