viernes, 1 de febrero de 2013

O albariño Pazo Baión 2011 galardoado como "Magnífico Mellor Blanco"


A Guía “Vivir el Vino” elixe ao Albariño Pazo Baión 2011, producido pola cooperativa cambadense Condes de Albarei, como o mellor na súa categoría. A entrega do galardón "Magnífico mellor branco" tivo lugar na festa do viño español que se celebrou este pasado luns no Teatro Cofidís de Madrid, onde se deron cita sumilleres, prensa especializada, bodegueiros e amantes da cultura do viño. 



O Albariño Pazo Baión 2011 foi recoñecido como o mellor branco tras unha cata a cegas entre os máis de 1.500 viños aspirantes, realizada por un dos padais máis exigentes, o do sumiller Raúl Serrano, quen destacou a súa gran tipicidade e lle outorgou 96 puntos. 

O galardón de "Magnífico Mellor Blanco" súmase aos numerosos premios e recoñecementos á calidade e á gran tipicidade deste viño de "pago", elaborado exclusivamente coas uvas da finca de Pazo Baión, dadas as singularidades da mesma, microclima, solo granítico e elevada idade das cepas. Ademais, os 6 meses de crianza sobre as súas lías finas achéganlle ao caldo unha evolución positiva en botella que fai ideal o seu consumo en anos posteriores á súa colleita.



No hay comentarios: