O interese suscitado entre os veciños de Terras de
Celanova pola dinamización do sector da castaña, liderado pola Oficina do
Fomento Cooperativo da Mancomunidade, motivou un novo ciclo de conferencias da
man da 'Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia'. O
secretario do devandito organismo, Manuel López Pérez, visitará nas
próximas semanas os diferentes concellosmancomunados para explicar o
proxecto e solucionar as dúbidas dos futuros asociados.
O ciclo de conferencias comezou onte en Pontedeva e Gomesende e
continuará mañá mércores en Quintela de Leirado (ás 17,00 horas no
salón de plenos) e Ramirás (19,00 no local social do Picouto).
Seguirano Celanova (día 14 ás 17,00 horas na antiga biblioteca) eVerea (19,00
horas na casa do concello). O venres 15 tócalle aCartelle e A Merca,
respectivamente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario