martes, 5 de marzo de 2013

Verea, Cartelle e A Merca acollen novas charlas de cooperativismo


A Mancomunidade Terra de Celanova continúa coa campaña de promoción e dinamización das sociedades cooperativas. Tras a clausura da exposición 'Descobre ás cooperativas' que durante esta semana estivo exposto na entrada do auditorio celanovés da man da Consellería de Traballo e Benestar, a Oficina de Fomento Cooperativo do ente supramunicipal continuará o luns coas charlas informativas polos diversos concellos.

O aproveitamento da castaña baixo a fórmula cooperativa centrará os relatorios que este luns se desenvolverán no local social do Concello de Verea (de 16,00 a 17,30 horas) e o auditorio municipal de Outomuro, en Cartelle (de 18,30 a 20,00 horas). O martes día 5 de marzo, de 17,00 a 18,30 horas, a quenda será para os veciños da Merca no local social de Corvillón.


No hay comentarios: