A Mancomunidade de Municipios Terra de Celanova acaba de
clausurar con éxito, tal e como sinalaban dende a oficina de fomento
cooperativo, as primeiras xornadas formativas e informativas sobre o fomento
cooperativo no medio rural.
Dende o pasado mes de febreiro, desenvolvéronse nos
diferentes concellos que integran o ente supramunicipal, charlas relacionadas
co fomento da actividade cooperativa vinculada ao aproveitamento dos
castiñeiros, os servizos forestais e o cultivo de oliveiras. Este último punto centrou
a reunión que a semana pasada se desenvolveu en Leirado e que contou coa
participación dunhas 40 persoas de toda a bisbarra.
CALIDADES E BENEFICIOS
A charla contou coa colaboración de Manoli González Chao,
asesora da empresa ourensana Aceites Abril, que explicou as calidades deste
tipo de árbores froiteiras e informou aos presentes dalgúns dos beneficios da
posta en marcha deste tipo de explotacións como un incentivo á economía
familiar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario