jueves, 25 de abril de 2013

Unha exposición anima os mosenses a descubrir as cooperativas


A localidade de Mos acolle no multiusos dende hoxe e ata o próximo venres unha exposición -en horario de 10.00 horas a 14.00 horas da mañá e de 17.00 horas a 20.00 horas da tarde- sobre cooperativismo baixo o título de "Descobre as Cooperativas", que organizan conxuntamente a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Xunta de Galicia, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, e o Conselo Galego de Cooperativas.

Incluída nesta exposición celebrarase unha conferencia sobre cooperativas, o xoves en horario de 10.30 horas a 14.00 horas tamén no Multiúsos, á que asistirán, entre outros relatores, un responsable da Consellería de Traballo e Benestar.

Segundo o edil de emprego de Mos, Óscar Soto, os destinatarios desta xornada de conferencias son persoas en situación de desemprego, emprendedoras que estean a valorar a iniciativa do autoemprego, asociacións e institucións interesadas no cooperativismo e na economía social; e público en xeral, que poderán escoitar experiencias en primeira persoa.


No hay comentarios: