lunes, 6 de mayo de 2013

A produción ecolóxica na Feira Internacional da Semana Verde de Galicia


O 17º Salón de Alimentación do Atlántico -Salimat-, que se celebrará do 13 ao 16 de xuño no marco da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, dedicará, por primeira vez, un grande área á alimentación ecolóxica. O espazo combinará a exposición dos produtos coa degustación destes, así como actividades relacionadas coa produción de alimentos saudables.

O monográfico estará coorganizado coa empresa Fogar do Santiso, e ten como obxectivo dinamizar o sector e informar sobre a importancia da agricultura ecolóxica, fortalecer e crear sinerxías dentro da cadea de alimentación.

O programa de actividades incluirá unha charla para profesionais a cargo do director do Conselo Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, Ernesto Sánchez Delgado. Baixo o título La colaboración como estratexia para o sector agroecolóxico, o relatorio se completará cun foro participativo no que se analizarán as fortalezas e debilidades do sector. Estará dirixido polos consultores de responsabilidade social corporativa para pequenas e medianas empresas, Mercedes Fernández e Tito Diéguez.

Os actos pecharanse cun 'Espectáculo Cooking' sobre cociña de produtos ecolóxicos sobre a brasa. Nel participarán Fogar do Santiso, a cooperativa Biocoop e a empresa de fornos Josper.


No hay comentarios: