Distintas organizacións galegas poñen en marcha "De
aquí, xusto e ecolóxico". Este proxecto nace do traballo común de varias
asociacións galegas. Trátase dun proceso de sensibilización e formación para a
mocidade galega coa finalidade de que valoren os seus recursos propios e pensen
no rural como unha posibilidade real de autoemprego. Este proxecto pretende
desenvolver obradoiros formativos nas catro provincias galegas para amosar
estas potencialidades e intercambiar experiencias de éxito, colaborando con proxectos
de aquí, xustos e ecolóxicos que xa estean funcionando.
A presentación do proxecto terá lugar a semana e contarase
coa participación de Yasmin Martínez da cooperativa azucareira UBPC Ricardo
González del Baliño, de Cuba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario