jueves, 2 de mayo de 2013

Cogal obtén o informe favorable de Medio para o seu plan industrial


A Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo acaba de informar favorablemente o Plan de Sectorización que promove a cooperativa rodeirense Cogal para dispoñer de máis chan industrial. A empresa prevé actuar sobre unha superficie de 68.428 metros cadrados, dos que xa posúe o 57%. O 43% restante está en mans doutros catro propietarios particulares.


O documento de inicio para esta ampliación de chan someteuse a información pública en abril de 2011. De forma paralela, solicitáronse informes de Medio e de Augas de Galicia para, coas modificacións que propuxeran, formular o documento de referencia. O departamento que encabeza Agustín Hernández eximiu ao plan de Cogal de la Avaliación Ambiental Estratéxica e, con este informe favorable, dá un paso máis de cara á súa aprobación definitiva.

A ampliación de chan industrial permite a diversificación de actividades de Cogal, a empresa máis grande de Rodeiro e unha das máis importantes da bisbarra, xa que emprega 135 persoas e comercializa o 70% do coello que se produce en Galicia.

Acceso á PO-533

Pero ademais, coa ordenación deste chan non delimitado, permitirase a instalación, en Rodeiro, tanto de empresas almacenistas e minoristas, coma de plantas de transformación e naves de almacenamento. Por iso, dimensionar se as parcelas en función da súa aptitude para unha ou outra actividade. A urbanización desta superficie ten un custo dun millón de euros, que correrá a cargo da empresa e os outros catro propietarios. Destaca a mellora do acceso a ao PO-533 (que enlaza Lalín e Chantada), mediante a construción dun vial con carrís de aceleración e desaceleración. O vial rematará nunha rotonda, en cuxo ámbito se situará a depuradora de augas residuais. Cun ancho de 17 metros, garante a circulación fluída do tráfico pesado.

No hay comentarios: