miércoles, 26 de junio de 2013

A Xunta conclue en Moraña un periplo por Galicia co que se anima ao cooperativismo para encontrar unha saída laboral

As dificultades para encontrar unha oportunidade no mercado de emprego levan cada vez máis xente a optar por opcións menos habituais. O cooperativismo é unha das que gaña máis adeptos e que xa dá traballo ao 2 por cento da poboación. Unha vintena de veciños da bisbarra aprendión onte en Moraña como ingresar nesa pequena porcentaxe.


Din que a unión fai a forza e dende a Xunta de Galicia tamén pretenden que esta sexa unha das solucións polas que os cidadáns terán que optar para encontrar un emprego. Así se apuntou en Moraña durante un seminario sobre autoemprego que ao longo deste ano se desenvolveu por diversos puntos da xeografía autonómica.

Esta colaboración que se propoñen os gobernantes para que sexan os propios desempregados os que teñan que poñer remedio ao desesperanzador mercado laboral é algo por que cada vez opta máis xente. De feito, en Galicia xa hai 90.000 traballadores vinculados ao cooperativismo. Durante o curso de 10 horas que se desenvolveu na casa de cultura morañesa, os asistentes puideron escoitar os argumentos que dende a Consellería de Traballo e Benestar Social se dan para esta fórmula de emprendimiento profesional. "En relación a outras tipoloxías empresariais, as cooperativas destrúen menos emprego, xa que se prima ás persoas e adóptanse outro tipo de medidas de flexibilidade ao mercado" "para evitar a destrución de postos de traballo", apuntan dende este departamento autonómico.

A vintena de inscritos en Moraña interesouse pola posibilidade de pasar a formar parte dun colectivo que por agora supón o dous por cento da poboación ocupada. En Galicia existen 1.152 cooperativas. Un dato que dende o Executivo autonómico queren aumentar. Algo para o que puxeron en marcha estes talleres que concluíron onte en Moraña. A iniciativa, que se enmarca dentro do programa europeo 'Coopera + ' desenvolveuse tamén en Vigo, Lugo, Ordes, Boiro, Melide e Abegondo.

No hay comentarios: