O director xeral de Traballo, Odilo
Martiñá, acudiu a Arteixo para expoñer as vantaxes das cooperativas.
Nun momento de crise como o actual, o responsable político afirmou que "ás
cooperativas están mantendo postose de traballo cando van
a pechar ás empresas"
Aínda que as que máis proliferan son as de carácter agrario, Martiñá sinalou
que "calquera negocio" pode ser obxecto de constituírse en
cooperativa. Así, mesmo nun municipio eminentemente industrial, é unha fórmula
válida, indicou.
O director xeral realizou estas declaracións momentos antes de
presentar as xornadas desenvolvidas no centro tecnolóxico de Arteixo:
"O cooperativismo, a nosa mellor opción para
emprender".
Neste sentido, a idea de montar unha cooperativa "é factible en calquera negocio",
apuntou o político. Pero nestes momentos de crise "esta figura funciona
para manter postos de traballo ou para desempregados,
de feito, os socios activos están crecendo entre 2009 e
2013", apuntou.
Por este motivo, dende a Xunta queren dar a coñecer os seus beneficios,
xa que é "unha fórmula factible", polo que o seu obxectivo é
"potenciala".
Para iso, ademais de charlas informativas con casos concretos para mostrar a
súa viabilidade, a Xunta dispón de liñas específicas de financiamento
"a fondo perdido para crealas ou para ampliar ou número de
socios". A maiores, tamén existen unha serie de "incentivos fiscais non
plano estatal", indicou Martiñá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario