martes, 25 de junio de 2013

Cooperar para sobrevivir, a Rede EuSumo asesora e guía a creación de cooperativas en Lugo

A crise está a obrigar en Lugo moitos traballadores no paro a emigrar ou a quedar e loitar por conseguir saír adiante con algún proxecto empresarial. Os que o intentan teñen graves dificultades cos créditos bancarios, pero aqueles que si poden dispoñer de diñeiro (principalmente os que recibiron unha liquidación polo despedimento) teñen unha opción a través da Rede EuSumo, impulsada pola Consellería de Traballo e na que participan varios concellos, colectivos e empresas. Na provincia de Lugo participan 17 concellos e Caixa Rural Galega.


O obxectivo das empresas que utilicen esta vía é o de fomentar o cooperativismo local e comarcal, ademais de axudar á economía social, con especial atención ao emprendimiento e á creación e consolidación de emprego. As persoas que se sumen a esta vía laboral recibirán información, formación, orientación e asesoramento sobre a constitución dunha cooperativa; ademais de recibir instalacións para albergar o inicio dos proxectos. Os proxectos son guiados por especialistas, que acompañan en todo momento o proxecto cooperativista.

Calquera persoa que desexe crea unha cooperativa pode solicitar o asesoramento dos centros que forman a Rede EuSumo, chamando ao teléfono 670 016 473, onde se lle indicará cal é o centro de asesoramento máis próximo ao seu domicilio. No caso do Concello de Lugo é a Oficina de Fomento Cooperativo de Lugo, no CEI-Nodus, en Garabolos.

No hay comentarios: