jueves, 6 de junio de 2013

Felicitacións as nosas amigas da Sociedade Cooperativa Xanela propostas ó premio ao mellor proxecto cooperativo

De acordo co previsto no artigo 9.3 da Orde do 4 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras dos premios á cooperación e  se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (DOG 71 do 12/04/2013), faise pública a relación provisional dos premiados consonte o previsto nas bases de convocatoria.

Proposta de premio ao mellor proxecto cooperativo (premio compartido)
• Luscofusco un espazo para sentir, S. Coop. Galega
• Xanela, S. Coop. Galega






 Socias da Cooperativa Xanela durante a súa ponencia nas xornadas levadas a cabo na Mancomunidade Terra de Celanova


Socias da Cooperativa Xanela de Amoeiro.

As nosas máis sinceras felicitacións dende a Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade Terra de Celanova.


No hay comentarios: