miércoles, 21 de agosto de 2013

Adegas Martín Códax e O Cable Inglés presentan a xornada de colaboración ‘viño e cultura’

Este xoves 22 de agosto terá lugar unha xornada destinada a coñecer as experiencias de colaboración entre as empresas Martín Códax e El Cable Inglés, así como os seus respectivos proxectos sociais.

O Director Xeral de Traballo e Economía Social da Xunta de Galicia, Odilo Martiñá, achegarase ata ás instalacións da adega, en Cambados, para coñecer os proxectos comúns así como as súas iniciativas sociais.

A xornada dará comezo cun encontro entre o director de Adegas Martín Códax, Juan Vázquez Gancedo, e a presidenta Del cable Inglés, Cristina Ródriguez Labandeira, acompañados por integrantes dos seus equipos técnicos.

O pasado ano Martín códax e El Cable Inglés uniron as súas experiencias no mundo da cultura e do viño para lanzar o evento enoturístico de música ' Os Xóves de Códax', que este ano celebrou a súa segunda edición, que ten lugar nas instalacións da adega.

Ademais deste evento musical, ambas as dúas compañías volveron ten colaborar este ano levando a cabo o proxecto de intervencións artísticas Ahora! onde tres artistas desenvolveron as súas propostas en varios espazos da adega.

CREAR EMPREGO E POBOACIÓN RURAL


Adegas Martín Códax naceu hai máis de 25 anos grazas ao esforzo de 50 viticultores. Hoxe, con preto de 300 socios e 600 familias colaboradoras, e con presenza en máis de 40 países en todo o mundo grazas aos viños que elabora, recoñecidos unanimemente pola crítica nacional e internacional; seguen tendo presente a súa responsabilidade co Val do Salnés: mellorar a calidade de vida da comunidade.

Perseguindo este obxectivo, hai 10 anos creouse unha empresa de servizos integrais vitivinícolas a disposición de todas as persoas asociadas e colaboradoras da adega, que cubría actividades de poda, aboados, xestión de chan...

Agora Martín Códax dá un paso máis e crea unha bolsa de emprego para ofrecer aos familiares dos socios e colaboradores, a oportunidade non só de cultivar as plantacións que os seus proxenitores xa non poden coidar, senón tamén as parcelas doutros socios que tampouco teñen tempo para dedicárselles e que a cooperativa poñen á súa disposición.

O proxecto tivo un éxito desvastador, xa que permite aos familiares dos asociados dispoñer dunha renda adicional, ao tempo que a empresa amortiza a maquinaria adquirida e consegue fixar poboación no campo, garantindo así a súa produción en campañas vinícolas futuras.

APOIAR A PARTICIPACIÓN DA MULLER E AS NOVAS TECNOLOXÍAS


Ademais, a adega presentará nesta xornada o seu Plan de Igualdade reforzado polo Plan Integra para apoiar a participación das mulleres nos ámbitos de toma de decisión de cooperativas; e expoñerá outras iniciativas de intercooperación entre as que destaca Viñas Atlánticas promovida pola Deputación de Pontevedra e na que participan outras dúas cooperativas arousanas do sector: Paco e Lola e Condes de Albarei.

Este proxecto consiste na implantación dunha rede de sensores na bisbarra do Salnés para obter datos meteorolóxicos que permitan dar información sobre o estado das pragas.

A información obtida servirá como ferramenta para reducir o uso de tratamentos e produtos químicos na produción de viños.

O obxectivo principal é crear un sistema de xestión ambiental que contribúa ao desenvolvemento sostible na actividade.

fonte: Vineteur

No hay comentarios: