miércoles, 21 de agosto de 2013

CEPES colabora coa Comisión Europea para impulsar o cooperativismo na Unión Europea

CEPES está a participar, no grupo de traballo, sobre promoción de Cooperativas, que creou a Comisón Europea, e que está presidido polo Vicepresidente da Comisión Europea, Antonio Tajani. Elaborará unha folla de ruta, para fortalecer e consolidar o cooperativismo.

O vicepresidente da Comisión Europea invitou á Patronal da Economía Social española a formar parte da folla de ruta que impulsará o fomento e consolidación do movemento cooperativo.

En Europa hai 160.000 Cooperativas ás que pertencen 123 millóns de membros que proporcionan emprego a 5,4 millóns de persoas e representan o 5% do PIB comunitario.
  
A UE reclama maior consideración para as cooperativas e a Economía Social posto mantivo e xerado emprego malia a crise, á vez que mostra mellores niveis de crecemento que outros modelos empresariais.
  
A patronal española da Economía Social (CEPES) colaborará coa Comisión Europea co obxectivo de impulsar o cooperativismo nos países da Unión, tras evidenciar que este sector non só resistiu a crise, senón que tamén logrou manter e crear emprego.

O vicepresidente da Comisión Europea e comisario de Industria e Emprendimiento, o italiano Antonio Tajani, invitou o presidente de CEPES, Juan Antonio Pedreño, á constitución do Grupo de Traballo "Promoción do potencial das cooperativas para xerar un crecemento intelixente".


Este Grupo constitúese para elaborar unha folla de ruta que estableza medidas que favorezan o emprendimiento colectivo e a consolidación do movemento cooperativo, ademais de servir como plataforma de diálogo entre a Comisión de Industria, Emprendimiento e Economía Social e o movemento cooperativo europeo.

As institucións da UE reclamaron unha maior consideración para as cooperativas e a Economía Social dentro das políticas de recuperación económica, tras evidenciar que xeran e manteñen emprego, á vez que mostran mellores niveis de crecemento (en número de empresas, postos de traballo e mantemento de actividade) que outros modelos empresariais.

Tajani afirmou que "as cooperativas son cruciais e quero traballar coas súas organizacións, non só hoxe, senón tamén nun plan de acción e unha folla de ruta da estratexia para a próxima Comisión".

Na UE, -segundo o Parlamento Europeo- existen preto de 160.000 empresas Cooperativas, ás que pertencen a 123 millóns de membros e proporcionan emprego a 5,4 millóns de persoas, e xeran o 5% de media do PIB dos estados membros. En España hai máis de 22.000 cooperativas nas que traballan máis de 290.000 persoas.

Na reunión establecéronse as prioridades para o desenvolvemento das políticas que afiancen o cooperativismo en Europa: a necesidade de servizos de apoio específicos, o acceso ás finanzas e o financiamento, a necesidade de incluír o modelo de empresa cooperativa nos programas educativos e a necesidade de asegurar que os marcos xurídicos de toda Europa non discriminen as cooperativas.

Juan Antonio Pedreño tamén puxo de manifesto ademais, a importancia das cooperativas na creación de emprego, especialmente entre os máis novos; no fomento do espírito emprendedor, no desenvolvemento local e territorial ou na innovación (en sectores como enerxías renovables), entre outros temas. 


Integrantes do Grupo de Traballo


Na reunión e a constitución do Grupo de Traballo participaron, á parte de CEPES e membros das institucións comunitarias, representantes da Economía Social e o movemento cooperativo de Alemaña, Francia, Bélxica, Croacia, Chequia, Dinamarca, Italia, Polonia, Portugal, Eslovenia e Bulgaria.

Ademais, tamén estiveron presentes dirixentes de Cooperatives Europe, a Asociación Europea de Banca Cooperativa (EACB), a Asociación Europea de Cooperativas de Vivendas (Cecodhas Housing Europe), a Asociación Europea de cooperativas de traballo asociado (CECOP), a Asociación Europea de Cooperativas de Consumidores (Eurocoop), a Asociacion Europea de Cooperativas Agroalimentarias (Cogeca) e a Asociación Europea de Cooperativas de Farmacias (UEPS). 


Informe da Eurocámara


Na reunión tamén estivo a eurodeputada Patrizia Toia, quen presentou o informe 'Sobre a contribución das Cooperativas á crise', aprobado recentemente polo Parlamento Europeo e no cal se pide potenciar as Cooperativas e outras empresas de Economía Social "como ferramentas para saír da crise".

Este informe destaca que as Cooperativas, xunto con outras empresas da Economía Social, "desempeñan un papel esencial na economía europea, en especial en tempos de crise, ao combinar a rendibilidade coa solidariedade, crear postos de traballo de calidade, reforzar a cohesión social, económica e rexional e xerar capital social".

fonte: Cepes

No hay comentarios: