A presente resolución ten por obxecto establecer as bases,
que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión de subvencións da
Secretaría Xeral da Emigración, en réxime de concorrencia non competitiva, coa
finalidade de promover o retorno das persoas emigrantes e dos seus familiares a
través do fomento do autoemprego e a actividade emprendedora das persoas
emigrantes retornadas e dos seus familiares na Comunidade Autónoma galega,
subvencionando os gastos iniciais que leva consigo o seu establecemento como
traballadores/as autónomos/as ou por conta propia, ou como socios/as
traballadores/as de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do
día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de
Galicia e finalizará o 15 de novembro de 2013.
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas:
1. As persoas galegas e nacidas en Galicia que residindo
fóra de España retornen á Comunidade Autónoma galega.
2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e
fillos/as, das persoas galegas e nacidas en Galicia con residencia no
estranxeiro, que residindo fóra de España se establezan na Comunidade Autónoma
de Galicia.
Para os efectos do establecido neste punto, terá a condición
de parella de feito a que figure inscrita como tal no correspondente Rexistro
de Parellas de Feito de Galicia regulado polo Decreto 248/2007, do 20 de
decembro.
Contía máxima da subvención e concorrencia de axudas:
1. O importe da subvención concedida será dun 80 % do gasto
subvencionable segundo o orzamento presentado, ata unha contía máxima de 3.000
euros, para o caso de traballadores/as autónomos/as ou por conta propia e de
5.000 euros, para o caso de sociedades laborais ou cooperativas de traballo
asociado.
As ditas contías máximas incrementaranse en 1.000 euros máis
cando a persoa solicitante teña 39 ou menos anos.
2. A obtención desta axuda é compatible con outras para o
mesmo fin, sen que en ningún caso, o seu importe poida ser de tal contía que,
illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou
recursos, supere o custo da actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario