miércoles, 17 de septiembre de 2014

Os movementos para crear unha organización bateeira continúan

Unir os destinos dos titulares dunhas 1.500 bateas das rías de Arousa, Pontevedra e Vigo é o obxectivo que se marcaron cinco organizacións mexilloeiras. É a cooperativa Amegrove a que lidera un proceso no que tamén están inmersos Illa de Arousa, Cabo de Cruz (AMC), Cons de Udra e Socomgal. Representantes destas agrupacións verán as caras esta tarde no Grove.


Non se trata da primeira cita. Segundo algúns dos asistentes a reunións anteriores, «aínda está todo moi verde». Quen así fala é Fernando García, o presidente da asociación de mexilloeiros da Illa de Arousa. El acudirá a eses encontros mentres detecte «que hai ganas de falar e avanzar» en cuestións como a toxina e como facerlle fronte, ou explorar alternativas para «vender todos en conxunto». Outros asistentes ás citas que se viñeron celebrando no Grove parecen confiar máis no éxito desta alianza. Hai quen considera que non tardará moito en cristalizar unha nova organización que aglutine a 1.500 bateas.

Unión é, precisamente, a esixencia prioritaria do colectivo Bateeiros Unidos, que naceu hai unhas semanas de forma espontánea ás portas do Intecmar e que celebrou unha última reunión en Boiro á que acudiron 200 persoas. Moitas voces dentro do sector achacan o paso dado por Amegrove e as outras agrupacións, precisamente, como un intento de desactivar o movemento de bateeiros de base.

Agora, falta por ver que acontece con estas dúas correntes: a que xira entorno a Amegrove, cunha das agrupacións fortes de Barbanza, AMC, no medio, e a que promoven os mejilloneros de base.


Páxina web: Amegrove


No hay comentarios: