Dende hai varios meses, os principais indicadores macroeconómicos veñen apuntando a unha recuperación, aínda débil, da economía española. Tanto é así, que organismos supranacionais como o Fondo Monetario Internacional (FMI) acaba de revisar á alza as previsións de crecemento para España durante este ano, dende o 0,9% ata o 1,2%, en liña co prognosticado tamén pola OCDE. Revisións á alza que tamén subscribiron entidades privadas como o banco BBVA ou a axencia de cualificación Fitch, por exemplo.
Mención á parte merece o desemprego, que no último trimestre experimentou unha redución de máis de 310.400 persoas, e acumula un descenso de máis de 424.500 en taxa interanual.
Non obstante, e malia as debilidades, hai sectores que dende hai meses veñen rexistrando notables aumentos, ou ben polo seu crecemento ou en canto á súa capacidade para crear emprego. Estes son os principais:
- O turismo, industria clave: Constitúe a principal exportación española, que creceu un 7,3% respecto ao ano pasado. Nos primeiros seis meses do ano chegaron a España 28 millóns de viaxeiros, case dous millóns máis que no mesmo período de 2013, tal como sinalan os datos do Ministerio de Industria e Turismo. Este crecemento do mercado turístico en España supuxo unha maior contratación de traballadores. Tal como reflicte a última Enquisa de Poboación Activa (EPA), no segundo trimestre de 2014 máis de 1,4 millóns de españois traballaban no sector da hostalaría, preto de 70.000 persoas máis que no mesmo período do pasado ano. É dicir, que o emprego nesta rama da actividade se incrementou, máis alá da forte estacionalidade que rexistra historicamente esta. Máis en detalle, os chamados "servizos de aloxamento" (hoteis, etc.) incrementaron en máis de 11.000 persoas o seu número de contratacións, mentres que restaurantes e bares o traballo creceu en polo menos 58.000 persoas.
- A economía social: Un dos sector máis en auxe é o das cooperativas, englobadas na chamada economía social. Fontes do propio sector mostran que en 2013 o número de empresas nas que os traballadores son os donos aumentou nun 4,25%. Actualmente hai 44.563 cooperativas, que dan emprego a máis de 2,2 millóns de españois e facturaron en 2013 máis de 150.978 millóns de euros, un 4% máis. Especialmente relevante sobre este sector é o tipo de emprego que xera: O 47% son traballadores menores de 40 anos e o 80% están contratados de forma indefinida. A tendencia xeral á alza acelerouse no que vai de ano: "No primeiro trimestre de 2014 hai CC AA que crearon un 20% máis de cooperativas que en todo o exercicio 2013", explicou o presidente da Confederación Empresarial Española da Economía Social, Antonio Pedreño.
fonte: 20minutos
No hay comentarios:
Publicar un comentario