jueves, 9 de octubre de 2014

A cooperativa Cestola na Cachola

En CESTOLA na CACHOLA apostan por traballar naquelo que máis lles gusta e no que cren que mellor saben facer.

Xoana e Miguel fan murais, cadros e ilustracións.

Raquel traballa e milita no eido da economía social e solidaria: cooperativismo, consumo responsable, ecoloxismo e banca ética.


Da xuntanza destas experiencias nace CESTOLA na CACHOLA: un proxecto de autoemprego baixo o principio dunha economía ao servicio das persoas e non ao revés.

Por iso son:
  • unha cooperativa: empresa de xestión democrática e compartida (unha persoa-un voto, con independencia do capital aportado)
  • de traballo asociado: únense para poñer en común o noso traballo.
  • sen ánimo de lucro: a través da comercialización dos seus produtos e servizos poden manter a estrutura da cooperativa e continuar traballando na promoción da economía solidaria. Os prezos das prendas, ilustracións, etc, que podes ver na tenda online están calculados para poder manter esa estrutura (custes de materiais, persoal…) sen que ningunha socia/o da cooperativa se enriqueza a título particular.

CESTOLA na CACHOLA parte duns valores baseados na súa experiencia, formación e filosofía de traballo, que axudan a construír este proxecto colectivo. Usa a cabeza ao mercar: pousa a CESTOLA na CACHOLA!

Se queres saber máis do equipo de traballo da cooperativa, bota un ollo aos perfís profesionais que conforman CESTOLA na CACHOLA



fonte: Cestola na Cachola


No hay comentarios: