jueves, 19 de febrero de 2015

A Xunta destaca a enorme importancia de incentivar o emprendemento da muller rural coma unha garantía de futuro

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella destacou a importancia de potenciar o desenvolvemento profesional e o empoderamento das mulleres rurais en todos os ámbitos da actividade económica.

Susana López Abella participou no Taller formativo “Igualdade, Liderado e Xestión de Cooperativas”, que tivo lugar na Adega Condes de Albarei

Susana López Abella participou no Taller formativo “Igualdade, Liderado e Xestión de Cooperativas”, que tivo lugar na Adega Condes de Albarei, e onde tamén participaron o xerente de Agaca, Higinio Mougán e a presidenta de Condes de Albarei, Dolores Calvo, onde destacou que mellorar a situación das mulleres rurais significa entender o seu valor, fomentar a súa visualización e empoderamento, apostar pola súa capacidade para emprender e facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

A titular de Igualdade incidiu na importancia deste obradoiro que ten coma obxectivo o empoderamento e a capacitación para a xestión empresarial das socias ou mulleres vinculadas á cooperativa, dende a perspectiva da igualdade. Polo que destacou que para abordar o reto do emprendemento e fomentar o liderado das mulleres nos órganos de decisión das sociedades cooperativas do sector agroalimentario, é de vital importancia que se aborden temáticas relacionadas co liderado e a xestión das cooperativas.

miércoles, 18 de febrero de 2015

A Sociedade Cooperativa Martín Códax supera auditorías de seguridade alimentaria


Adegas Martín Códax emitiu onte un comunicado para informar de que superou, e con sobresaínte, as dúas auditorías de seguridade alimentaria ás que se acaba de someter.

A cooperativa cambadesa obtivo un grao A, o mellor que se pode conseguir, na British Retail Consortium (BRC), o sistema de seguridade alimentaria creado pola Asociación do Comercio para detallistas do Reino Unido.

No caso da International Food Standard (IFS), Martín Códax recibiu unha sobresaínte nota de 98,18 puntos sobre cen. Esta certificación de calidade foi creada polas cadeas de distribución alemás e francesas e é aceptada ademais en Italia e Holanda.

A obtención destas excelentes cualificacións permitirá á adega acceder a novos mercados.


martes, 10 de febrero de 2015

Xornada en Santiago de Compostela "A FÓRMULA COOPERATIVA NOS SERVIZOS SOCIAIS"



Novos cursos de formación ofertados por UGACOTA

UGACOTA inicia a súa programación de formación para este ano 2015.

Dirixida a: Persoas socias e asalariadas de empresas e entidades da economía social: cooperativas, mutualidades,  fundacións e asociacións, sociedades laborais, empresas de inserción, centros especiais de emprego,  confrarías de pescadores,  sociedades agrarias de transformación e outras entidades singulares adscritas aos principios da economía social.

Resérvase tamén unha porcentaxe de entre o 20 e o 40% de prazas totais do Plan para persoas en situación de desemprego.

– Contrato Programa Autonómico PF-2014/000025. Financiado pola Dirección Xeral de Emprego e Formación da Consellería de Traballo e Benestar e polo Fondo Social Europeo.

Non é posible cursar máis dun curso ao mesmo tempo  desta programación.
O  proceso de selección de participantes ven  establecido pola orde de Convocatoria (artigo 6 da orde de 24 de outubro de 2014).


– Formación Continua Estatal EXPEDIENTE F140124AA, enmarcada no convenio asinado entre a Confederación COCETA e a Fundación Tripartita .


fonte: UGACOTA

martes, 3 de febrero de 2015

COCETA lanza un vídeo para explicar o cooperativismo á mocidade

A Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (COCETA) lanzou o vídeo " Por que unha cooperativa? ". Nel un grupo de mozos e mozas explican dun xeito ameno e sinxelo, con actores, a opción que ten a mocidade de formar unha cooperativa de traballo, sobre todo en tempos de crise e cando non parece haber moitas alternativas máis que irse do país. 

O vídeo pode usarse en cursos ou en actos para promover o cooperativismo de traballo, sobre todo no sector da xuventude, onde se atopa a maioría do desemprego, que afecta ao 50% da poboación desta franxa de idade. 


Fonte: www.empresaytrabajo.coop



Obradoiro "Creando unha web autoxestionable para a túa cooperativa" na aula Cemit de Ourense