Segundo unha organización de Cooperación Internacional, a favela Fortaleza, en Brasil, é a quinta cidade do mundo con maior poboación vivindo de ocupacións sen ningún tipo de contrato. Dos 2.448.920 de habitantes, 396.370 viven en favelas. Ou sexa, o 16,18% da poboación total, maior que a media nacional de Brasil que é do 6%. Esa realidade puidérona testar en outubro pasado os compoñentes de Rede Apoio, unha consultora de formación e emprendimiento que ten a súa sede en Verín, pero que puxo as suas miras en accións internacionais. No ano 2012 decidiron unir as súas forzas Daniel Diéguez (35 anos), Daniel Blanco (34) e Marcos Rodríguez (34) e crearon unha sociedade cooperativa que uniu a formación dos seus tres socios, dous arquitectos técnicos e o terceiro (Daniel Diéguez), licenciado en Administración e Dirección de Empresas.
O desenvolvemento de programas de formación e de estímulo do emprendemento foi o que lles levou a Brasil, toda unha experiencia para eles e un salto cualitativo para Rede Apoio. Explica Daniel Diéguez que a súa presenza no país carioca obedece á implicación nun proxecto social desenvolvido polo Insituto Povo do Mar. O seu traballo consistiu, en síntese, en potenciar as habilidades de nenos e mozos con graves deficiencias de integración, sobre todo pensando na súa futura capacitación laboral ou desenvolvemento das súas habilidades como emprendedores. Di Daniel Diéguez que abordamos con eles xogos de motivación e traballo en equipo porque na favela son moi competitivos entre eles e con problemas para colaborar". Entre as súas funcións tamén estivo a potenciación da creatividade, explicámoslles como funciona Internet, as redes sociais e como se pode desenvolver as capacidades de emprendemento no suposto que decidiran montar unha actividade empresarial".
Ese mesmo concepto levounos tamén a integrarse en programas noutros países cos que se pretendía sobre todo a integración dos máis novos que, na súa maioría, nin estudan nin traballan. Daniel Diéguez di que esa "é unha das grandes eivas da actualidade" e levan os seus proxectos formativos a Portugal e Italia, entre outros países.
Carteira de servizos
Pero máis alá dos proxectos internacionaes nos que se implicaron, a base de Rede de Apoio segue estando na provincia de Ourense dende onde están a desenvolver todas as súas iniciativas. Impulsaron o seu plan empresarial cando se decataron que "había unha necesidade en Verín e no seu ámbito" e ao ver que a experiencia e a formación dos tres cooperativistas "se complementaba", segundo explica Diéguez. Xa de postos á tarefa decidiron combinar a formación co apoio aos emprendedores ou a empresas xa rodadas. Explica este socio de Rede Apoio que "axudamos os emprendedores e tamén os que están en dificultades para consolidar o seu proxecto empresarial". Partindo dese propósito despregan unha rede formativa e de asesoría en materias como calidade, mercadotecnia, redes sociais, entre outros. Como explica Daniel Diéguez, a maior parte dos servizos prestámolos nós e se o cliente nos pide algo especial buscamos quen lle pode dar ese servizo".
Os seus clientes están no ámbito das pequenas e medianas empresas, a Administración e os emprendedores. E partindo de Verín, parece lóxico que unha das xestións que fan estea relacionado co tecido produtivo da bisbarra, especialmente hostalaría, comercio ou sector primario.
Dun tempo a esta parte proliferaron as empresas creadas para tutelar os proxectos empresariais que empezan e na maioría dos casos hai moitas similitudes. Non obstante, as empresas que comezan hoxe a súa andaina xa non son as mesmas que hai algúns anos e a crise tivo parte de culpa. Recoñecen en Rede Apoio que "está a cambiar o tipo de emprendedor" sobre todo dende o 2008. A proliferación de despedimentos en moitas empresas empurrou moitos afectados a desenvolver proxectos empresariais pola súa conta, nalgún caso non suficientemente cimentados. Explica Diéguez que "hai uns anos o emprendedor tiña clara a idea, era como unha especie de sono que perseguía e hoxe a xente se decide a emprender porque non ten outra opción". Precisamente por esta cuestión cre que "este tipo de xente non ten tan boas ideas, de aí que necesite un conxunto de persoas detrás para canalizalas".
fonte: La Región
No hay comentarios:
Publicar un comentario