viernes, 6 de marzo de 2015

Traballo promove o potencial das cooperativas como fórmula de autoemprego e competitividade empresarial en Xantar 2015

A Consellería de Traballo e Benestar, a través do Consello Galego de Cooperativas, está a amosar o potencial da fórmula cooperativa en Xantar 2015, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra estes días en Expourense. Hoxe este evento celebra o Día das Cooperativas Galegas, ao que asistiu a directora xeral de Traballo e Economía Social, Carmen Bouso, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez.

A directora xeral de Traballo e Economía Social, Carmen Bouso, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, asistiu hoxe ao acto central do Día das Cooperativas Galegas

Bouso destacou que o Consello Galego de Cooperativas está presente en Xantar 2015 para difundir os valores do cooperativismo como fórmula de autoemprego, equidade e competitividade empresarial. A responsable da área autonómica resaltou que o cooperativismo permite afrontar “con maiores garantías certas dificultades propias de calquera proxecto empresarial”, ao tempo que explicou que “é a mellor fórmula que soportou o envite da crise sendo, ademais, un sistema moi atractivo para os emprendedores”.

A directora xeral sinalou que os datos demostran o éxito das cooperativas explicando que a Consellería de Traballo e Benestar xa ten rexistradas 1.240 cooperativas, que suman máis de 90.000 socios e socias e xeran máis de 18.000 postos de traballo directos. Indicou, así mesmo, que a boa evolución desta fórmula colleu pulo no sector agroalimentario, no que na actualidade operan máis do 33 por cento das entidades. Precisamente, este sector é o que está representado en Xantar 2015, no stand do Consello Galego de Cooperativas.

“No campo agroalimentario a formación de cooperativas convértese nunha opción moi favorable para os pequenos produtores”, apuntou Bouso, explicando, entre outras vantaxes, que a cooperativa é o mecanismo que dá dimensión á produción e a fai competitiva; é a única vía efectiva de globalización dos pequenos agricultores; permite que as innovacións en técnicas de produción, comunicación e comercialización cheguen aos pequenos produtores; e é unha ferramenta eficaz de achegar financiamento ao sistema produtivo alimentario.

Para rematar, Bouso agradeceu a presenza ás nove cooperativas presentes no stand do Consello Galego de Cooperativas, onde se poden degustar os lácteos das sociedades cooperativas Campo Capela, Condado-Paradanta e Cooperativa Agraria Provincial da Coruña (Granxa O Cancelo); os viños de Bodegas Eidosela, Cooperativa Jesús Nazareno e Bodega Virxe das Viñas-A Rúa; a carne das cooperativas de Monte Cabalar; e os peixes e mariscos de Anaco e O Canto da Balea.


1 comentario:

Achima Abelard dijo...

nos gustaría reconocer el servicio excepcional que recibimos durante todo el proceso de refinanciación. El profesionalismo del Sr. Pedro y el conocimiento de la compañía de préstamos fue impresionante y realmente apreciado. El Sr. Pedro es un oficial de crédito confiable. En el pasado, hemos tenido experiencia con varios otros bancos y hemos encontrado que el proceso es frustrante y tedioso. El Sr. Pedro hizo todo lo posible para asegurarse de que todas nuestras necesidades fueran satisfechas y que todo se manejara de manera completa y eficiente. lo hemos recomendado y lo seguiremos recomendando en el futuro.” Correo electrónico de contacto del Sr. Pedro: pedroloanss@gmail.com