martes, 30 de octubre de 2012

Cooperar en feminino


En decembro de 2010 a Asemblea Xeral de Nacións Unidas declarou o ano 2012 como o "Ano Internacional do Cooperativismo" (YIC polas súas siglas en inglés) nunha resolución sobre 'as cooperativas e o desenvolvemento social'. Con esta resolución, a ONU recoñece que o modelo cooperativo é un factor importante de desenvolvemento social e económico, que promove a máis alta participación posible no desenvolvemento económico e social das persoas e que contribúen á erradicación da pobreza.

Os obxectivos do Ano Internacional das Cooperativas son: aumentar a conciencia pública sobre as cooperativas e as súas contribucións para o desenvolvemento socioeconómico e o logro dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, promover a formación e o crecemento das cooperativas, e motivar aos gobernos a establecer políticas, leis e regulamentos que leven á formación, crecemento e estabilidade das cooperativas.

O Departamento de Asuntos Económicos e Sociais (DAES) e o Departamento de Información Pública das Nacións Unidas acaban de publicar o logotipo do YIC que se basea no eslogan para o ano "As empresas cooperativas constrúen un mundo mellor". O logotipo quere resaltar como os que integran as cooperativas poden combinar esforzos para poder alcanzar metas que doutro xeito non poderían alcanzar pola súa conta.

"Este logotipo reflicte exactamente a motivación que xace detrás da declaración do Ano Internacional das Cooperativas", explicou o Sr.Sha Zukang, Secretario Xeral Adxunto do DAES, na presentación. "As empresas cooperativas baséanse na acción colectiva e no principio de participación. As cooperativas encarnan o ideal de que traballando xuntos podemos lograr máis que traballando sós. Este enfoque da empresa social e económica é un bo modelo para a sociedade unificadora que DAES e as Nacións Unidas están a traballar para axudar a construír".

O traballo realizado polas mulleres que, no sector cooperativo, ocupa o 49% do emprego (www.empresaytrabajo.coop). 

Por que esta Viaxe Solidaria?
A participación en cooperativas pode considerarse unha ferramenta de empoderamento das mulleres, xa que dende un enfoque de xénero o modelo responde ás súas necesidades prácticas e aos seus intereses estratéxicos. Por un lado, porque lles ofrecen medios eficaces para mellorar o seu nivel de vida ao acceder a oportunidades de traballo decente, facilidades de aforro e de crédito, así como á educación e formación (necesidades prácticas). Ademais, fortalecen o poder de decisión e acción das súas asociadas no ámbito propio da cooperativa, pero tamén nos ámbitos familiares, locais e municipais (intereses estratéxicos).

Para a gran maioría das mulleres a participación nunha cooperativa significa un maior posicionamento na sociedade e en relación coas súas familias. Isto é especialmente así en países nos que, como en Marrocos, as mulleres aínda teñen escasas oportunidades se non se encontran "ao amparo" dalgún home como pode ser un marido, un pai, irmán, etc.

No hay comentarios: