martes, 30 de octubre de 2012

AGACA


Hoxe comezamos o día falando de AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agrarias).

A Unión de Cooperativas “Asociación Galega de Cooperativas Agrarias” (AGACA) é a organización representativa do cooperativismo agrario da Comunidade Autónoma de Galicia, no senso máis amplo do termo: representativa das propias cooperativas e de toda a súa problemática económica, empresarial e social, así como dos socios cooperativistas na súa dimensión humana e profesional.

AGACA exerce a súa actividade a nivel autonómico, estatal e internacional; en todos os foros nos que se dirimen os intereses do cooperativismo, ben directamente ou mediante a súa participación en organizacións representativas a nivel de España (Confederación de Cooperativas Agrarias de España - CCAE) ou da Unión Europea (Confederación General de las Cooperativas Agrarias de la UE- COGECA). Adicionalmente a esta faceta institucional, AGACA ten por obxectivo a prestación de servizos de formación, información e asesoramento ao cooperativismo agrario de Galicia a través da súa estrutura organizativa.

Correspóndelle a AGACA a representación e defensa dos intereses económicos e sociais do asociacionismo agrario ante as Administracións autonómicas, estatais e da Unión Europea e diante das organizacións estatais representativas do resto de axentes socioeconómicos dos sectores nos que desenvolven as súas actividades.

As cooperativas socias de AGACA abranguen os sectores máis representativos da agricultura e gandería galegas: vacún de leite e carne; horta e flor; porcino; vitivinícola; caprino; helicicultura; cunicultura; crédito; apicultura; subministros e ratínidos.

Delegación Ourense:
Rúa Bedoia, 7 - 2º (OF. 1)
32004 Ourense
OURENSE
988.24.24.81
988.24.24.80
agacaourense@agaca.coop

No hay comentarios: