A Fageda é unha empresa con fins sociais situada no
"Faial de Jordá" (Fageda d'en Jordà) que dá traballo a persoas con
minusvalía intelectual ou enfermidades mentais crónicas.
Dedicada á produción de lácteos, é a terceira produtora de
iogur en Cataluña, ocupándose ademais da totalidade do proceso, dende a cría do
gando ata o produto final.
O 70% dos traballadores teñen algunha minusvalía, o resto
son persoas sen minusvalías seleccionadas, ademais da súa capacidade para
realizar o traballo da empresa, polas súas capacidades para tratar con estas
persoas.
Ademais da produción de lácteos, a empresa ten un viveiro
que produce máis 1 millón de plantas para reforestación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario