Os socios da cooperativa Mar de Arosa de Abanqueiro
celebraron unha asemblea na que aprobaron por unanimidade as contas do 2011 e
debateron os seus novos proxectos. O máis relevante é a posta en marcha da
depuradora e a cetaria de Portomouro, para o que xa contan cos permisos da
Xunta e do Concello de Boiro. A construción das instalacións hai tempo que
finalizou, se ben está pendente dotalas da maquinaria precisa.
O presidente da entidade, Juan José Dieste, sinalou que a
previsión é que a cetaria comece a funcionar a próxima Semana Santa, aínda que
todo dependerá de se conseguen unha subvención para tal fin. Recentemente, á
cooperativa Ría de Arosa denegáronlles unha axuda para vixilancia.
A intención da entidade de Abanqueiro é comercializar o
produto a grande escala. Na asemblea, Juan José Dieste instou os socios a
loitar para sortear a crise económica actual, que tamén está a azoutar a este
sector produtivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario