O voluntariado vai en aumento en EE.UU. As redes sociais xeradas a partir de proxectos cooperativos son posiblemente a
mellor consecuencia da crise.
Nestes casos, sortear as dificultades arroupado
por outras persoas é esencial, pero promover a idea de que a unidade é un
concepto ao que podemos tirar proveito económico é unha saída do labirinto a
ter en conta.
O feito de traballar en equipo, de achegar axuda mutua, de lograr
o consenso a través do debate de ideas, xera confianza no outro e autoestima
persoal. O outro día, sen ir máis lonxe, vía unha reportaxe sobre un grupo de
desempregados de máis de 50 anos que crearan unha cooperativa de servizos.
Precisamente, o modelo asociativo permite a inclusión dos que están desprazados
do sistema ou que se achan nunha situación difícil. Nestes tempos difíciles
deberiamos recordar que o intercambio vital entre seres humanos é case unha
necesidade biolóxica ao considerarnos seres sociais e que explotar os recursos
en forma colectiva é algo prehistórico, porque fortalecer os intereses comúns
garante a supervivencia.
No concepto de economía social que está tan de moda
explótase unha idea e é que a actividade económica está ao servizo das persoas.
Por suposto é unha filosofía eminentemente práctica, no sentido, de que é na
acción como se materializan valores como a solidariedade, a comprensión ou a
tolerancia integrados á actividade empresarial.
Non é de estrañar que o
traballo cooperativo sexa unha das metodoloxías educativas máis desenvolvidas
nos centros escolares onde xa se impoñen as bases da emprendeduría en grupo e a
cultura do esforzo colectivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario