Hortoflor 2 é unha sociedade cooperativa galega de que leva
máis de vinte anos de funcionamento dedicada á produción e comercialización de
produtos hortícolas e de flor cortada procedentes das explotacións dos seus
socios. A súa sede social e centro de operacións encóntrase nas naves situadas
no lugar de Barbantes Estación, concello de Cenlle; tamén ten habilitados dous
puntos de recollida de mercadoría para os socios das zonas máis afastadas de
Verín e Bande.
As explotacións agrícolas dos socios que se integran en
Hortoflor 2 sitúanse en zonas, como case toda Galicia, predominantemente
minifundistas onde a agricultura alcanzaba soamente niveis de autoconsumo cunha
rendibilidade practicamente nula, formas tradicionais de traballar a terra e
unha deficiente comercialización sen ningunha orientación ao mercado.
Tratando
de salvar o devandito problema en 1984 un grupo de 27 agricultores fundaron
esta sociedade co obxectivo de aumentar as súas rendas agrarias, reunindo as
súas producións ata obter un volume de mercadoría abondo que fixese viable a
comercialización. Actualmente son máis de 200 os socios cooperativistas de
Hortoflor 2, aos que hai que sumar uns, ao redor, de 100 colaboradores que, cun
investimento mínimo, se dedican fundamentalmente ao cultivo de feixón e outras
hortalizas en época estival, creando así unha actividade que serve de complemento
á renda familiar.

As instalacións de Hortoflor 2 contan cos seguintes medios
materiais:
- Nave e sede social da cooperativa de 2.300 metros cadrados onde se recepcionar a mercadoría dos socios. Hai unha nave máis antiga de 1000 m2 na que se reciben e almacenan os produtos hortícolas e outra construída no 2002-2003 na que se fai a recollida e almacenamento de flor cortada.
- Tenda agraria na que se ofrecen aos socios calquera produto que poidan necesitar nas súas explotacións.
- Cinco cámaras de refrixeración para a conservación do a mercadoría.
- Recepción de mercadorías na lonxa agropecuaria de Verín e en Bande.
- 1000 metros cadrados de invernadoiro con cuberta de cristal e dotado de calefacción para viveiro.
- Furgonetas e camións propios para a recollida e repartición de mercadorías.
- Máquinas flejadoras e grampadoras de caixas de cartón para embalaxe de mercadorías.
- Balanzas electrónicas para o pesado de mercadorías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario