O pasado venres a OFC (Oficina de Fomento Cooperativo) na súa labor de fomento e concienciación das vantaxes do cooperativismo e a economía social veu a celebrar unha Xornada Informativa orientada aos asistentes dos Obradoiros de Emprego que se están impartindo na Mancomunidade Terra de Celanova, Axuda no Fogar e Xeriatría.
Durante a ponencia deuse conta da conceptualización e principios básicos do cooperativismo así como das saídas laborais á hora de constituir unha cooperativa de servizos sociais, vencellados a servizos ás persoas da 3º idade.
Finalmente mostróuselles unha experiencia cooperativa en activo no sector dos servizos sociais, axuda no fogar e coidados a persoas da 3º idade.
A continuación móstranse instantáneas dos asistentes ás devanditas Xornadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario