lunes, 10 de diciembre de 2012

Beatriz Mato destaca a solvencia das Cooperativas pese a crise

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, destacou a "solvencia", malia a crise económica, do cooperativismo, fórmula que creceu en Galicia "en máis de 3.000" no que vai de lexislatura, ata sumar máis de "1.100 cooperativas activas".


Así o destacou en declaracións aos xornalistas tras presidir o pleno do Conselo Galego de Cooperativas, no que a Xunta e as asociacións de cooperativas trazaron as accións que levarán a cabo en 2012, Ano Internacional das Cooperativas, para "promover e resaltar" esta fórmula empresarial.

Neste sentido, o titular de Traballo e Benestar sinalou que o Goberno galego "está a apostar especialmente" por este modelo "na actual lexislatura" debido ao "bo comportamento" que mostra "malia a conxuntura económica" ao "garantir un desenvolvemento sostible e xerar un emprego de calidade".

"Dende a nosa chegada ao Goberno galego os compromisos van máis alá das palabras", destacou Beatriz Mato antes de recordar que, no que vai de mandato, "se investiron máis de 16 millóns que serviron para crear máis de 3.000 novos socios en cooperativas".

Destes novos socios, case a metade - -1.459-- están agrupados nun total de 48 cooperativas que foron creadas no pasado exercicio, conforme detallou Traballo e Benestar.

Supoñen máis do 2% de ocupados galegos e presentan un volume de facturación de 2.435.000 euros.


MÁIS DE 88.000 SOCIOS

Segundo os datos da Xunta, na Comunidade galega hai un total de 1.135 cooperativas activas, ás que están asociadas máis de 88.000 persoas, especialmente do sector da agricultura e cun "peso significativo" dos mozos e as mulleres.

Estas cifras supoñen que máis do 2 por cento dos ocupados galegos están vinculados ao cooperativismo, actividade que presenta un volume de facturación de máis de 2.435.000 euros en Galicia.

En canto ás actividades que desenvolven, por orde de importancia, as principais son a agraria, a construción, a industria téxtil, o comercio, a educación, as empresas de asesoría e informática e os transportes.

No hay comentarios: