O grupo cooperativo galego Coren anunciou que o
próximo mes de maio comezará a venda dun xamón curado procedente de porcos que
foron alimentados con castañas. O produto encravarase dentro da súa gama
Selecta.
Este xamón procede de porcos de raza seleccionada e alimentados con castañas, dando
unha carne máis substanciosa e saborosa, segundo indicaba Coren hai
un ano cando presentou a carne destes animais. Un ano despois, tras o período
de curación, chegarán ao mercado os xamóns curados.
O produto xa está a resultar interesante para numerosos importadores tanto da
Unión Europea coma doutros países como Corea do Sur ou Xapón. Neste último país
valórase bastante a alimentación a base de castañas e nel xa se está a
comercializar a carne fresca dos porcos con este tipo de alimentación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario