martes, 19 de marzo de 2013

A Cooperativa Sanitaria ourensana, CO.SA.GA, ofrece tratamentos de recuperación cardíaca a parados

A clínica Centrokorazón, Cendisa e a Cooperativa Sanitaria Co.Sa.Ga. uníronse en Ourense para ofrecer seis prazas gratuítas para o programa de Rehabilitación Cardíaca a media ducia de persoas que sufrisen un infarto, unha cirurxía cardíaca ou calquera outro evento cardiovascular no último ano e se encontren no paro. 

As persoas que queiran aproveitarse desta campaña, que se pon en marcha coincidindo coa celebración do Día Europeo de Prevención Cardiovascular, terán que poñerse en contacto coa clínica antes do 29 de marzo. 

O programa que se ofrece comezará o 1 de abril e inclúe 18 sesións de tratamento, cun protocolo de exercicio físico estruturado polo cardiólogo e o especialista en exercicio de rehabilitación cardíaca, apoio psicológicio e educación alimentaria e sanitaria para controlar os factores de risco.


No hay comentarios: