Delagro é unha cooperativa de segundo grao, integrada,
á súa vez, por máis de 40 cooperativas e entidades, algunhas delas, de segundo
grao de Asturias, Cantabria e Galicia que, xuntas achegan máis de 80 cooperativas
socias, con máis de 17.000 asociados.
"Estamos onde nos necesitan".
O seu raio de acción esténdese polo Norte de España e o seu ámbito de
incidencia abrangue o ámbito agrogandeiro, dende a comercialización e
elaboración de produtos ata un amplo abano de servizos capaz de dar solución a
calquera necesidade que poida formular o cliente.
"Estimúlannos os retos".
A entidade é o perfecto exemplo de integración cooperativa, de como unha
estratexia unificadora entre diferentes entidades de menor tamaño
chegan a alcanzar unha magnitude considerable, tan competitiva que lle permitiu
posicionarse como a central de compras máis importante do noroeste español,
estendendo a súa actividade á área de asesoramento e mercadotecnia e acompañada
dunha potente estrutura departamental en alimentación e produción vexetal e
animal, automoción, láctea, almacén, fertilizantes, plásticos, combustibles,
supermercados, comercial, mercadotecnia, administración e finanzas e
informática.
Afastada de corpiños sectoriais, a súa aspiración é converterse na organización
(cooperativa) de referencia no medio rural. Con este obxectivo de fondo aprobou
un Plan Estratéxico de negocio orientado ao socio e ao cliente, baseado na
innovación tecnolóxica e de xestión, na transparencia, a responsabilidade
social e o compromiso co ámbito rural, xerando un valor engadido permanente e
realista.
2Soñamos para manter a realidade".
Delagro, consciente da necesidade de manter unha mentalidade aperturista,
afastada de posicións estancas, optou por realizar unha importante aposta pola
innovación e a expansión. Por iso, mentres outras empresas optan por recortes,
esta sociedade inviste en persoas, confía na experiencia e na innovación e
ofrece solucións personalizadas.
"Coñecemos o cliente e dámoslle o que necesita".
No hay comentarios:
Publicar un comentario