Recordade que a obtención do grao de recoñecemento de
minusvalidez permite o acceso a unha serie de beneficios como o emprego en
cooperativas e sociedades laborais, o fomento da contratación indefinida nas
empresas ou a integración laboral en centros especiais. A isto súmanse
deducións na declaración da renda, no IVE, no imposto de sucesións e no de
sociais ou a exención do imposto de vehículos ou de matriculación de vehículos,
entre outras vantaxes.
A estas engádense descontos en transportes, facilidades de acceso á vivenda e á
educación, bono social na factura da luz, de teléfono. Os equipos de Valoración
e Orientación encárganse de realizar a valoración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario