O Día do Cooperativismo Galego celebrouse este pasado sábado
na localidade de Ames (A Coruña), onde tivo lugar a entrega de premios á
cooperación 2013. A inauguración dos actos e entrega de premios estivo
presidida pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, quen indicou
que a Xunta segue a apostar por esta fórmula empresarial, xa que afirmou que
continúa a resistir á crise económica.
A Mancomunidade Terra de Celanova gañou o galardón á
promoción do cooperativismo. Esta entidade forma parte da Rede Eusumo desde hai
un ano e promove a economía social no ámbito de 8 concellos rurais da comarca,
apostando polos sectores emerxentes.
fonte: Novas Xunta de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario