jueves, 11 de julio de 2013

Unha década dedicada ao cooperativismo como líder da sostibilidade

A Asemblea Xeral da Alianza Cooperativa Internacional (ACI) presentou a finais do ano pasado a redacción definitiva do documento Plan para unha Década Cooperativa. A idea fíxase como horizonte o ano 2020 para incrementar o número de cooperativas, ata o punto de que se convertan na primeira fórmula elixida para crear unha empresa, e consolidalas como "líder de sostibilidade social, económica e ambiental", explicou Magdalena Ruidavets, conselleira da Confederación Empresarial Española da Economía Social (Cepes), no foro organizado o pasado día 6 de xullo  polo Grupo Correo Galego.

Ruidavets defendeu o cooperativismo como unha forma de "democratizar a economía", fronte a un modelo de empresas en mans de propietarios "que se despreocupan do futuro local". Coincidiu ademais co subdirector xeral de Cooperativas e Economía Social, Xoán Miguel Concheiro, na necesidade de incrementar a visibilidade das coooperativas coa vista posta nestes obxectivos. "Temos que crer", resaltou a experta. "Hai que dignificar ou cooperativismo e presumir do, facerlle ver a súa importancia ao público (...). Calquera proxecto de emprendemento que nace na economía do contorno pode facelo coa fórmula cooperativa", engadiu o subdirector xeral.

Concheiro tamén se referiu ao "bo rolo" que existe entre todos os axentes implicados no cooperativismo galego. "Imos camiñando xuntos", engadiu en referencia aos membros do Conselo Galego de Cooperativas, no que están presentes, ademais das cooperativas, a Xunta, as universidades e os concellos.


No hay comentarios: